EDUCACIÓN / RECURSOS EDUCATIVOS

MITOLOXÍA E ARTE
O museo conta cunha boa colección de pintura mitolóxica. Son cadros do século XVII, época na que este xénero gozaba de gran popularidade entre a aristocracia, que decoraba os salóns dos seus palacios con estes cadros, que nos contan historias moi interesantes de personaxes como Hércules, Aquiles, Ícaro, Cupido...
Prema aquí para acceder

AS MARISCADORAS DE LUÍS SEOANE
Espazo didáctico dedicado ao cadro As Mariscadoras de Luís Seoane, no que atoparedes recursos educativos para traballar esta obra na aula cos alumnos de Educación Infantil e Primaria, antes ou despois da visita ao museo
Prema aquí para acceder

MARIÑA SURREALISTA DE URBANO LUGRÍS
Espazo didáctico dedicado ao cadro Mariña Surrealista de Urbano Lugrís, no que atoparedes recursos educativos para traballar esta obra
na aula cos alumnos de Educación Infantil e Primaria, antes ou despois da visita ao museo
Prema aquí para acceder
FICHAS DIDÁCTICAS (PDF)
As fichas didácticas son unha colección de láminas de obras do museo, que se poden descargar en formato .pdf para o seu uso con fins didácticos na aula. Incúen unha reproducción en A4 dunha obra do museo e unha breve explicación da obra que dá resposta a tres preguntas básicas: "Quen o pintou?", "Que vemos?", "Que máis nos amosa o cadro?"
Prema aquí para acceder ao listado de fichas
ESCOLMA DE ARTISTAS
Presentamos
unha escolma de artistas cuxa obra está representada na colección do
museo. A partir deste espazo Web podemos coñecer máis acerca da súa vida
e da súa obra. Na actualidade inclúese nesta lista a Luis Seoane,
Jenaro Pérez Villaaamil, Álvaro Cebreiro e Urbano Lugrís.
Prema aquí para acceder á escolma de artistas
GALICIA: ARTES E LETRAS
Espazo web dedicado ao percorrido Galicia, Artes e letras, que inclúe un descrición da actividade, un texto que indica o desenvolvemento do percorrido, comentarios sobre artistas galegos dos séculos XIX e XX e das súas obras, e enlaces onde atopar recursos didácticos na web e nos libros.
Prema aquí para acceder ao espazo Web
ARTE E GUERRA A TRAVÉS DOS GRAVADOS DE GOYA
Espazo web dedicado ao percorrido didáctico Arte e guerra a través dos gravados de Goya no que se detalla o desenvolvemento do percorrido e se ofrece unamplo listado de enlaces e recursos educativos en relación á obra de Goya
Prema aquí para acceder ao espazo Web
AS TÁBOAS DE RUBENS
As táboas feitas por Rubens como modelo para decorar a Torre da Parada son dúas das pezas máis significativas da colección do museo, tanto pola súa calidade artística como pola súa historia, que incluiu varios percances e traslados ao longo dos seus máis de trescentos anos de existencia.
Máis información sobre as pezas
BIBLIOGRAFÍA SOBRE EDUCACIÓN E ARTE
Escolma bibliográfica de libros especializados en educación, arte e museos, que se poden consultar na biblioteca do Museo de Belas Artes.
Listado de obras
volver