EDUCACIÓN / A ESCOLA / BACHARELATO
VIVIR O MUSEOO contacto directo coa obra de arte, polo que ten de expresión cultural e de recurso documental, é un exercicio moi interesante para o alumnado dos niveis superiores do sistema educativo. Outro aspecto importante da visita ao museo é, ademais, converter a asistencia aos centros culturais nun feito común na vida dos alumnos de bacharelato.
O museo oferta para os alumnos de bacharelato un programa de visitas guiadas por educadores especializados, que tentarán fomentar este hábito, conectando a colección do museo cos contidos recollidos no currículo educativo, asi como cos intereses persoais das novas xeracións. Tamén poñemos a disposición do profesorado a opción de que eles mesmos poidan organizar a súa propia visita, escollendo o percorrido e as obras máis axeitadas para o seu nivel e asignatura, dentro da ampla colección do museo, que abrangue desde o século XVI ata a actualidade.
Visita xeral á colección do museo Visita
xeral á colección do museo, visitando todas as salas e coñecendo obras de
diferentes épocas e estilos, desde o renacemento e barroco, ata as vangardas e
a abstracción. Os alumnos de Historia da Arte de segundo curso, e aqueles que
estean a cursar o bacharelato de artes, serán obxecto dunha atención especial,
sendo a visita ao museo un complemento moi interesante para os contidos da
aula.
+Info
volver