
|

EDUCACIÓN / A ESCOLA / INFANTIL
O PRIMEIRO CONTACTO
| Desde o
Museo de Belas Artes estamos convencidos da importancia de abrir o noso
centro aos más pequenos, para que desde os primieiros niveis
educativos adquiran o costume de asistir aos centros culturais e
estar en contacto coas obras de arte. Aquí vivirán a aventura de descubrir os “tesouros” recollidos nas salas do museo. |
PROPOSTAS EDUCATIVAS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2012 - 2013
Descubrindo o Museo Un percorrido adaptado ao segundo ciclo de educación infantil, de 3 a 6 anos, a través do cal os alumnos teñen a súa primeira toma de contacto co museo. Dun xeito lúdico que fomenta o participación, coñecen o edificio e algunhas pezas da colección -cadros e esculturas-, xogando coas cores, as formas e os materiais, e descubrindo os diferentes personaxes e historias que as pezas nos amosan. A actividade inclúe un obradoiro no que os alumnos completarán un retrato. +Info
|
Primeiros pasos no museo Percorrido para o último nivel da Educación Infantil non obrigatoria (2 - 3 anos), no que os máis pequenos entran en contacto cun espacio novo e especial como é o museo. A través do xogo, descubriremos as salas do museo e os tesouros que agochan. Aprenderemos como se pintan os cadros e converterémonos en pintores, visitaremos ao noso amigo o Xigante, e pintaremos como pequenos ”Picassos”. Recoméndase reservar a visita no terceiro trimestre do curso. +Info
|
O mar e o museo Este percorrido ten como fío conductor os cadros e esculturas que gardan relación cos mundos mariños reais e fantásticos. Partindo da obra de artistas como Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Francisco Lloréns, entre outros, descubriremos cadros e esculturas que nos permitirán coñecer, compartir e crear moitas cousas relacionadas co fascinante medio mariño. Ademais, ao finalizar o percorrido polas salas, o alumnado creará o seu propio álbum de cadros do museo +Info
|
volver
|
 |
ACHÉGATE
Imaxes da mostra
100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña
|
|
INFORMACIÓN
Museo de Belas Artes da Coruña
Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700
Fax: 881 881701
contacto
Propostas educativas 2012 - 2013 descargar .pdf
|
| |
|