EDUCACIÓN / A ESCOLA
VISITAS E ACTIVIDADES EDUCATIVAS DO MUSEO
As visitas guiadas consisten nun percorrido didáctico polas salas do museo adaptado aos diferentes niveis educativos. Para o alumnado de infantil e primaria, e algúns percorridos de secundaria, a actividade inclúe a realización dun obradoiro.
As visitas serán guiadas por un educador propio do museo, que favorecerá o achegamento do alumnado ás diferentes formas artísticas de xeito dinámico e lúdico, fomentando a participación e estimulando a súa creatividade.
O profesorado pode solicitar o envío de información específica sobre as actividades que realizarán os escolares dun determinado nivel.
Tamén existe a posibilidade de que o profesorado desenvolva e guíe unha actividade propia, previa confirmación do Museo.
A visita é gratuíta. O museo ten reservado un espazo para a parada do transporte escolar e unha praza exterior descuberta para merendar.
Calendario e horarios
A partir do 23 de outubro de 2012 ata o 28 de xuño de 2013.
De martes a venres ás 10:00 e ás 11:30 h.
Duración aproximada das propostas educativas
1 hora e 20 minutos aprox.
Destinatarios
Escolares desde Educación Infantil (2 anos) a Bacharelato.
Grupos de 60 persoas máximo. [O museo conta con dous educadores]
Solicitude e reserva de visita
Teléfono - 881 881 700 (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h)
Fax - 881 881 701
E-mail - mu.belas.artes.difusion@xunta.es
Web - click aquí
A través do programa educativo do concello da Coruña: Descubrir Coruña
Propostas educativas para o curso 2012 - 2013:
EDUCACIÓN INFANTIL PRIMARIA ESO BACHARELATO
DESCARGAR PROPOSTAS EN FORMATO PDF
-------------------------------------------------------------------------------------------
RECURSOS EDUCATIVOS
PROFESORADO
RESERVAR VISITA
CONTACTAR CO DEPARTAMENTO DE DIFUSIÓN
volver