A pintura relixiosa en táboa e lenzo. Humanismo e relixiosidade. Artes decorativas.
Nesta sala están expostas unha serie de pinturas dos séculos XVI e XVII de temática relixiosa. Nelas podemos observar toda a iconografía relixiosa que fai referencia a vida de Cristo e dos seus discípulos: a Anunciación, a Virxe co Neno, a Sagrada Familia, os Apostolos, o Ecce Hommo, a Crucifixión, a Piedade, a Magdalena, a Ascensión e a Santa Trinidade. Son obras que buscan a proporcionalidade, a harmonía e a beleza, como herdeiras do ideal clásico que son. Na sala tamén hai algúns exemplos de pintura do XVII, caracterizadas por unha maior verosimilitude e espiritualidade. A exposición complétase con algunhas pezas da colección de artes decorativas: moedas, libros, estatuíñas, etcétera, cunha cronoloxía que vai desde o século I d.C. ata a Idade Moderna. I audioguia