Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

19/04/2012

BookCrossing no museo

A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participa este venres 20 de abril de 2012 nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de liberación de libros preparada por 72 centros de arte e museos de todo o mundo con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro”.

Os participantes teñen previsto por en circulación máis de 5000 “libros libres”, procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, coa intención de que aquelas persoas que os recollan disfruten da súa lectura e volvan a liberalos noutro punto distinto.

Todos os libros liberados estarán acreditados con etiquetas, conterán as instruccións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar.

O obxetivo deste inciciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturales.

Aquí podes ver os títulos dos libros que o Museo de Belas Artes destina a esta iniciativa e os lugares onde se liberarán, que serán no propio museo e noutros centros culturais da cidade.
Cando recollas un, entra e rexístralo nesta páxina para que todos podamos seguir a súa pista!

Fai do mundo unha biblioteca!

Museo, noticias

ACHÉGATE

Bookcrosing no museo

desde o 23 de abril - Dia del libro

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.