ACTIVIDADES / TALLERES
Tendo en conta a importante colección de estampas de diferentes etapas do museo, en primavera e outono organízanse talleres de gravado para adultos, de iniciación e perfeccionamento. Neles se pode aprender a manexar ou perfeccionar as diferentes técnicas de gravado: calcografía, xilografía, litografía e serigrafía. Os talleres están impartidos por artistas e profesionais docentes de Belas Artes: Omar Kessel, Isabel Pintado, Ali Ali, Anne Heyvaert, etc. As prazas son limitadas.
Nos obradoiros desenvolveránse os seguintes contidos: soportes ou matrices (DM, sintasol, contrachapado, etc.), instrumentos empregados (gubias, lixas, cepillos de arame, etc.), máquina de impresión (a prensa plana), a riqueza das texturas, vetas e roturas das distintas superficies, e o uso dunha ou máis tintas e de dúas ou máis matrices.
Augaforte e aditivas
Sábados, do 25 de maio ao 22 de xuño
de 10:30 a 14:00h, Adultos
Goya: Retratos e expresións. Obradoiros calcográficos para escolares
de martes a venres, marzo- xuño e outubro-decembro
de 10:30 a 14:00h, Xuvenil (4º ESO)
A copia do natural. Obradoiro de debuxo
Do 3 de maio ao 29 de xuño de 2013
Venres, de 18:30 a 20:00h; sábados, de 12:00 a 13:30h, Adultos