ACTIVIDADES / VISITAS
O Museo de Belas Artes da Coruña propón as visitas guiadas ao centro como un xeito de coñecer mellor a colección e as exposicións temporais que se programan ao longo do ano. A visita guiada é ademais un instrumento que nos permite manter o contacto e facer participar no museo a toda unha serie de asociacións e grupos organizadados da cidade, da provincia e de toda Galicia: centros cívicos, asociacións cidadás, asociacións de xubilados, grupos de maiores, etc. As visitas tratarán de achegar á arte dun xeito ameno,lúdico, e accesible a todos os niveis, a través da intermedición dos educadores cos que conta o museo ou que colaboran normalmente con el.